Work Text:
O día da coroación da Princesa Frosta foi moi duro. Seus pais morreran pouco tempo antes e ela tiña só oito anos. Non tivo tempo de procesar a súa pérdida. Estaban en guerra e ainda que puidesen poñer a alguen como rexente... Frosta era a única que podía forxar unha conexión coa Folerpa Fractal, a Pedra Rúnica do Reino das Neves. Polo tanto, tomouse a decisión de coroala canto antes.
A xente cría que a neutralidade do Reino das Neves era absoluta e consecuencia da distancia que separaba ao Reino dos dominios da Horda. Mais nada máis lonxe da realidade. Existían bases da Horda nas fronteiras do Reino das Neves que acosaban sen descanso á milicia para desgastar as forzas do páramo xeado e así poder invadilo. A neutralidade do Reino era só aparente, pois tiñan que defender as súas fronteiras día e noite. Mais non tiveran problemas nunca. Ata agora. Coa morte da Princesa Frozia, nai de Frosta, as defensas naturais proporcionadas polo poder da Pedra Rúnica caeran e a Horda estaba avanzando máis que nunca.
Non había tempo para que Frosta superase o proceso de loito. Tiña que forxar a conexión canto antes. E así o fixo. Na súa coroación. Diante de todas as persoas que non confiaban nela nin a respetaban. A fin de contas, era unha nena, non si?
Unha nena, pensou Frosta. Unha nena que a pesar da súa corta idade, xa perdera demasiado. Non toleraría que a súa propia xente a mirase con desprecio despois de obligarlle a pasar por algo así. Gañaría o seu respeto... Ainda que fose a costa da sua propia saúde mental.
Inspirou profundamente e comezou a forxar o vínculo coa Pedra Rúnica. Era sinxelo, pois o mineral ansiaba o vínculo. Era unha especie de simbiose. Ante o abraio da xente, a Folerpa comezou a refulxir con luz de cor azul, envolvendo o corpo de Frosta ao mesmo tempo. Cando se disipou a luz, a Princesa estaba no alto dun podio de xeo. Dixéranlle que non debería falar, máis ela gobernaba agora. Daría o seu discurso.
"Durante xeracións, o Reino das Neves manteuse neutral nesta guerra sin sentido. Mais ata agora, isto foi a costa das súas propias xentes. Todos aquí perdichedes a alguen na loita polas nosas fronteiras. Eu tamén.
Sei que en min vedes unha nena. Pensades que non teño a madurez necesaria para gobernar. Que debería haber un rexente. Que eu non terei nin idea de que é o mellor para o reino.
Estades equivocados. MEUS PAIS MORRERON DEFENDENDO ESTE REINO, LOITANDO POR UNHA FALSA NEUTRALIDADE, PORQUE A HORDA XAMAIS RESPETOU A POSTURA DO REINO DAS NEVES!!!
Eu digo que xa basta. Xa perdimos demasiada xente. Non. Tolerarei. Unha. Pérdida. Máis. A partir de agora, o Reino das Neves non se volvera a involucrar coa Horda. Comezando hoxe, nin a Horda nin a Rebelión volverán a poñer un pé neste reino en actitude de guerra, XAMAIS."
E con estas palabras, Frosta conxurou todo o poder da Pedra Rúnica. De forma normal, o que fixo non tería sido posible. Mais Frosta estaba rota. Estaba moi dolida pola perda do seus pais e non podía lidiar con esa dor de forma sana.
Así que empregou os poderes da Folerpa para externalizar a súa dor e botar á Horda do Reino das Neves dunha vez por todas.
Esa noite, unha sarabia perpetua comezou no Reino das Neves. Un reflexo do corazón da súa Princesa, que tras a morte do seus pais, quedara conxelado no tempo, sen esperanzas de volver a latir nunca.
